Genres You Will Love
Folk: Traditional Folk Moods: Mood: Fun Folk: Celtic Folk World: World Traditions Moods: Mood: Funny

By Location
Spain

Links
FACEBOOK YOUTUBE SPOTIFY

Tiruleque

Tiruleque naceu como banda en 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional e cunhas inquedanzas musicais compartidas. A partir de entón, o proxecto musical iniciouse como quinteto tradicional que mesturou ás fontes da tradición da música galega -tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros- con outras moitas influencias e procurando unha evolución que ao longo dos anos empurrou o grupo a incorporar distintos instrumentos cos que levar máis alá esa tradición. Dese xeito, o grupo conseguiu acadar maior expresión, maiores posibilidades e un son propio que se plasma nos discos autoproducidos Tiruleque (2009), Mu!! (2013) e agora Outro que tal baila (2018).

Co seu repertorio, actuaron nos principais festivais de música tradicional e folk de Galicia. TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade os seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio a nivel galego, nacional e internacional. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Quempallou ou Kepa Junkera, entre outros.

+info: www.tiruleque.com
tiruleque@tiruleque.com

Contratación: +34 653208669 / tiruleque@tiruleque.com

Redes sociais:

FACEBOOK: https://www.facebook.com/tiruleque
YOUTUBE: http://www.youtube.com/tiruleque2002
SPOTIFY: https://open.spotify.com/artist/3kwUK8Y8H79MQiYQdlnJoo

Read more...