Anxo Blas | Vivimos En Vigo

Go To Artist Page

More Artists From
Spain

Other Genres You Will Love
Easy Listening: Love Songs Pop: Pop Moods: Mood: Brooding
Sell your music everywhere
There are no items in your wishlist.

Vivimos En Vigo

by Anxo Blas

Colaboraron Anxo Pintos, David Outumuro, Susanna Blanco,Aleixandre Cabanelas e Leo e Arremecaghona. A Fala poema de Manuel María recitado polo propio autor.
Genre: Easy Listening: Love Songs
Release Date: 

We'll ship when it's back in stock

Order now and we'll ship when it's back in stock, or enter your email below to be notified when it's back in stock.
Continue Shopping
available for download only
Share to Google +1

To listen to tracks you will need to update your browser to a recent version.

  Song Share Time Download
clip
1. Muller Alacrán
4:12 $0.99
clip
2. Tristemente
5:03 $0.99
clip
3. A Fala
4:02 $0.99
clip
4. Vivimos En Vigo
3:09 $0.99
clip
5. Oín Falar Tan Ben De Ti
4:26 $0.99
clip
6. Como Me Does
3:51 $0.99
clip
7. Tecín Soia
4:19 $0.99
clip
8. O Amor Son As Maus
5:43 $0.99
clip
9. Ti Eres Máis
5:25 $0.99
clip
10. De Cando En Vez
4:11 $0.99
clip
11. Eu Non Sei
5:00 $0.99
clip
12. Morro En Ti
5:46 $0.99
Downloads are available as MP3-320 files.

ABOUT THIS ALBUM


Album Notes
É unha marabilla!!!!!
Emocionante, por arriba e por abaixo, alegre, irónico, positivo e crítico a un tempo, e aínda por enriba marabillosamente interpretado por todos, e cando digo todos, digo todos, incluíndo o fermosísimo e ben acompasado coro no “Como me does”.
Parabéns, por suposto para o Anxo Blas, mais tamén para David Outomuro, Anxo Pintos, Susanna Blanco, Alexandre Cabanelas, Leo Arremecághona e o formidábel coro (que non vou desvelar quen son) do que xa falei.
Algunhas cousiñas, para o meu gusto, de destacar (por orde de aparición coma nas películas).
No “Tristemente” o violonchelo fai que esa letra tan especial colla unha forza e un sentimento brutal. Parabéns á intérprete, xenial. Encántame tamén como fica o “solo” de guitarra co chelo nun segundo plano, como quen non quere a cousa, mais a un tempo imprescindíbel.
De “A fala”, que vou dicir? É unha obra de arte e non o digo para dar lustre. Contar coa gravación orixinal da voz do Manuel María, a zanfona do Anxo Pintos que enche todo dun xeito asombroso, xunto á interpretación reivindicativa do Anxo… formidábel. Houbo un momento no que fun ao libriño para comprobar que na musica só estaban a zanfona e maila guitarra. Ten tanta intensidade a zanfona que semella que está a tocar unha orquestra medieval ao completo.
Tema 4, que dicir? É o meu tema favorito e o Leo deulle o seu toque persoal, xa o creo.
Imos ao “Como me does”, cousa seria! Comezando pola entrada co baixo, a perfecta unión do saxo e maila batería e, para rematar de emocionar o marabilloso coro. Para enfermar de gusto!
Do “Tecín soia” case non me atrevo a opinar, encántame a música que fai o pianiño, ben interpretado, voz tristeira e violonchelo, para acabar con calquera!
De “O amor son as maus” pouco que dicir, se o poema é bo, cantado gaña o dobre, por moito que a letra, as veces sexa “estrañenísima”, o Quico Valeiras e o Anxo ben me entenden. A música lémbrame, non sei moi ben polo que, aos 60 ou 70, incluíndo o “solo” de guitarra, e a batería, aquí, xenial, acompañando, imprescindíbel sen buscar o destaque.
“Ti eres máis” é un deses temas nos que a letra nos fai sentir a todos envexa, é o tema por antonomasia para dedicar á parella (lémbrame aquela radio de hai 30 ou 40 anos, se for hoxe, eu chamaría para dedicarlla a quen eu sei), fermosa e tremendamente romántica a música! Dan ganas de dicirlle a alguén, bailas?
“De cando en vez” é un tema que sempre me deixa descolocado, pola letra, claro está. Unha letra na que non sabes se realmente hai amor, medo ou desconfianza, ou todo xunto… xa mo explicarán, non si?
“Eu non sei”, quizais a música non é das que máis gosto, porén a letra é extraordinaria, de abraio! O das veas, para quitar o chapeu.
Do “Morro en ti”, coñecedes aquilo de “por un lado xa ve e, polo outro, que quere que lle diga?” Os versos escollidos, preciosos, abofé!
Remato como comecei. Isto é unha marabilla!!!!!

Read more...

Reviews


to write a review