S.O.S. Trio | 106 Underground St.

Go To Artist Page

Album Links
S.O.S. Trio

More Artists From
Spain

Other Genres You Will Love
Jazz: Traditional Jazz Combo Jazz: Bebop Moods: Type: Instrumental
Sell your music everywhere
There are no items in your wishlist.

106 Underground St.

by S.O.S. Trio

106 Underground St. is a compilation of original tunes and some Jazz standars arrangements. The sound of the trio is influenced by the american tradition.
Genre: Jazz: Traditional Jazz Combo
Release Date: 

We'll ship when it's back in stock

Order now and we'll ship when it's back in stock, or enter your email below to be notified when it's back in stock.
Continue Shopping
just a few left.
order now!
Share to Google +1

To listen to tracks you will need to update your browser to a recent version.

  Song Share Time Download
clip
1. Alone Together
8:04 album only
clip
2. Zalema
6:34 album only
clip
3. Drizzle
4:16 album only
clip
4. Dear Brother
6:45 album only
clip
5. 106 Underground St.
4:20 album only
clip
6. Inner Cube
6:27 album only
clip
7. Última Estación con Parada
7:48 album only
clip
8. Cherokee
9:54 album only

ABOUT THIS ALBUM


Album Notes
S.O.S. trío nace a comezos do ano 2002. Os seus integrantes, Virxilio da Silva (Guitarra), Jose Carlos Ferro (Contrabaixo) e Max Gómez (Batería), coñécense no I Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (2001/02), onde realizan diversas actividades relacionadas coa música de jazz. A partir dese momento participan de forma activa en diferentes iniciativas ligadas a este estilo: jam sessions, master classes, concertos... É daquela cando comezan a tocar de forma habitual como sección rítmica co saxofonista Pablo Castaño, intervindo en numerosos concertos por toda a xeografía galega durante o ano e medio no que o grupo está en activo.
A disolución do cuarteto supuxo o afortalamento do proxecto S.O.S. As súas inquedanzas van máis aló de xuntarse para dar concertos; é unha posta en común das ideas de cada un sobre a música de jazz, un grupo de estudo desde o que se tenta dar saída a temas de composición orixinais na procura dun son propio como obxectivo fundamental. Seguindo esa idea veñen realizando e teñen programados diversos concertos en locais, pubs, festivais de jazz, etc.
Como alumnos do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, durante as súas catro edicións, teñen a oportunidade de tocar en directo con músicos da talla de Perico Sambeat, Raynald Colom, Víctor de Diego, Albert Bover, Zé Eduardo, Joao Moreira, Carlos Barretto, Bob Sands, etc. e asisten a master classes con estes e outros grandes músicos como Jesús Santandreu, Ramón Angel Rey, Nuno Ferreira, Santi Quintáns, Kris Kase... e cos seus profesores Paco Charlín e Abe Rábade. Tamén participan na gravación dos cinco discos (un deles dobre) do Seminario.
No verán do 2003 acoden xuntos ao IV Seminario de Jazz de Zarautz (Nivel Avanzado), onde coñecen a xoves músicos de distinta procedencia, participan en múltiples actividades e asisten a unha master class co contrabaixista Ray Drummond.
No verán do 2004 son becados “full scholarship” para o III Workshop “Tavira em Jazz”, celebrado en Portugal. Alí reciben clases de Jonathan Kreisberg, Matt Penman, Alan Ferber, Mark Ferber, Aaron Goldberg, John Swana, Jack Walrath e Greg Tardy.
Participan nos concertos de Pontejazz 2004 e 2005 (Festival Internacional de Jazz de Pontevedra), tocando con músicos portugueses como Zé Pedro ou Joao Guimaraes e reciben clases, no “Pontejazz Workshop”, de tres dos músicos máis destacados de Nova York: Jonathan Kreisberg, Jaleel Shaw e Donald Edwards.
A finais do ano 2005 gañan o Premio “Concerto Autor Jazz Galicia”(1ª edición), organizado pola SGAE e a AGAMUJAZZ. Como premio realizan unha xira por cinco clubs en cinco cidades galegas.
Baixo o selo FREE CODE Jazzrecords editan o seu primeiro traballo discográfico 106 Underground St., gravado en Setembro de 2005.

Read more...

Reviews


to write a review